Skip to content Skip to footer

Olga Patiño Nogueira

Profesora, poeta, actriz e directora de teatro. Ten colaborado en revistas e xornais, ademais de coordinar o libro de artista Poe- ma dos Caneiros con textos de Uxío Novoneyra e gravados de Jesús Núñez. A súa obra poética abrangue Latexos fragmentados 2002), Atmosferas (2007) poemario ilustrado por o gravador José Valentín, Tempo en desuso (2008), Natureza Haiku – Libro de Artista : proxecto conxunto coa pintora Isabel Pintado e a escultora Soledad Penalta (2010), Silencio habitado (2013),Territorio acoutado (creación poética levada a cabo co fotógrafo Carlos Lorenzo) (2017). Traduciu ao galego a obra de teatro -Fando e Lis- do dramaturgo Fernando Arrabal. Escribiu o apuntamento teatral: – Mulleres fronte ao espello-(Revista Teatral Casahamlet). Figura nas antoloxías O trazo aberto, Negra Sombra, Alma de beiramar, Do maís fondo saen voces, As pegadas do Camiño: un camiño solidario, Fiying Carpet, 47 poetas cantan a Curros Enriquez, A Coruña: Á Luz das Letras, Entremiradas, Estampas e Poemas: Libro escultura, En defensa do Poleiro, Sentimentalismo (Movemento de Vangarda. Etapa de Fundación), A cidade na poesía galega do século XXI, Las mejores historias de amor, Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, Las mejores poesías de amor, Amores infieles en el salón de las voces vírgenes,La primera vez…que no perdí el alma, encontré el sexo, Amor fou, ebrio des- ván de amores locos, Inmortal amor mortal (De la ceniza, la máscara), Imposible no comer- se (en el volcán de los amores canallas), Un tiempo fuera del tiempo (El baile del infinito), De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo: para no ven- cernos nunca, Versos no Olimpo: O monte do Pindo na poesía galega, 10 Poemas e unha carta para Felipe Criado, A miña luzada iluminaranos a todas (Implicadas no desenvolvemento), Os aforismos do riso futurista, Poetas na cociña(I-II), O camiño das estrelas. Neste momento está a traballar nun novo poe- mario Onde a choiva arde, no conto “NOALBA: a terra do sol-aluado”, e tamén en Micro- rrelatos (Relatosbonsai).

Dejar comentario

¿Necesitas ayuda?