Bienvenido a la web oficial de Publicaciones Arenas S.L.
Free Call 981 22 24 42

El Abelendario… 40 años después

19.00

Trátase de un dos debuxantes mais importantes da penínsua e sin considerar nós, hoxe, a súa importancia como pintor. Neste carácter fixo exposicións na Coruña, fai xa vinte e un anos, en Santiago, no Hostal, no 69 en Ceibe, novamente na Coruña no 73, e en Madríd nas galerías Lonring e Richelieu en datas diversas. En Madrid coincidiu con outros pintores galegos. Xexús Nuñez, Labra, Villar Chao, Grandio, Manpaso, Molezun, Ozores Souto, Xulio Maside, etc.

Categoría: Product ID: 1559

Descripción

Trátase de un dos debuxantes mais importantes da penínsua e sin considerar nós, hoxe, a súa importancia como pintor. Neste carácter fixo exposicións na Coruña, fai xa vinte e un anos, en Santiago, no Hostal, no 69 en Ceibe, novamente na Coruña no 73, e en Madríd nas galerías Lonring e Richelieu en datas diversas. En Madrid coincidiu con outros pintores galegos. Xexús Nuñez, Labra, Villar Chao, Grandio, Manpaso, Molezun, Ozores Souto, Xulio Maside, etc.

Con Xexús Nuñez, Labra e Manpaso fixo unha exposición de tapices no ano 1957. lnterveu en exposícións colectivas de diverso carácter. Tamén Expuso en Marrocos, a donde logo de facer o servicio, viaxou en diversas oportunidades en Tetuán, en Rabat, en Casablanca. A súa laboura de dibuxante humorista iniciouse en La Voz de Galicia na década dos coarenta.
Denantes de todo esto, temos de decilo, estudiou Cencias Exactas en Santiago e Arquitectura en Madrid. Fora de Galicia as suas primeiras colabora-cions foron para a revista de humor de Tánger Don José, que dírixía Mingote. Desaparecida éste pasou a colaborar e logo a ocupar un posta importante na redacción de La Codorniz:
Colaborou en Diario Madrid, Informaciones, Arriba, entre os xornaes. Tamén en Cambio 16. Maís en La Codorniz e un dos tres ou catro debuxantes que compoñen o equipo permanente da revista. En ela, como en outras revistas, publica enmais dos debuxos, artigos e cantos que resultan sere unha faceta moi importante da súa laboura de artista, segundo nesto, parécenos unha tradición galega na que destacou Castelao.

Os seus compañeíros galegos en Madrid son Cebrián, De Laiglesia, Caruncho, Marin, que colaboran nas mesmas páxinas do semanario madrileño. Sería interesante un estado encol do aporte dos humoristas galegos, escritores e debuxantes, ao periodismo español. A principios do século XIX, dende Taboada, foron moitos os que se destacaros como ilustradores e debuxantes humoristas, entre eles Federico Ribas, Máximo Ramos, Maside, Suárez Couto, Buxados, Femández Maza, Varela de Seixas, etc.

Alfonso Abelenda obtivo o premio Paleta Agromán e a primeira medalla do Salón Nacional de Humoristas, o premio mais importante do humorismo gráfico da penínsua. O escritor catalán lván Tubau no seu libro De Tono a Perích, o mais completo e millor dos publicados encol destas cuestions nos derradeiros anos, inclúe a Abelenda entre os que fan crítica sociolóxico-moral. O que tamén o fai pertescente a liña galega de humoristas gráficos. A nos interésanos ademais pola sua preocupación polos aspectos formales do dibuxo. Trátase dun dibuxante que gosta do dibuxo, algo que e moi distinto ao que se chama caricaturista, xénero aparte, de autores de monos que se desacreditou nos derradeiros vinte ou trinta anos pola sua falla de preocupación polos problemas formales do debuxo.

Información adicional

Autor

Alfonso Abelenda

ISBN

978-84-95100-53-5

Páginas

246

Encuadernación

Rústica

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “El Abelendario… 40 años después”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies