Descripción
Nesta obra a modo de compendio, Xosé Ramón García Vázquez, consigue aproximarnos a unha mostra relevante dos edificios máis coñecidos da nosa cida- de, A Coruña. Quen non se lamentou algunha vez de non ter información deses lugares que o rodean, quen non pensou nalgunha ocasión no desapercibidos que poden pasar determinados inmobles que cada día temos ocasión de contemplar?
É, así, un libro que será de gusto e interese para a poboación coruñesa, máis familiarizada cos espazos descritos, pero tamén para aquelas persoas que nos visi- ten e queiran levar un recordo algo máis pormenorizado da cidade que os acolle, “sempre aberta”, como di o slogan.
Para desvelar estas cuestións non queda máis, pois, que sentarse, desfrutar e, de entón en adiante, observar, fixarse e entender a cidade dende un novo punto de vista.
María Elvira Lezcano González Doutora en Humanidades e Profesora de Turismo e Humanidades na Universidade da Coruña
Valoraciones
No hay valoraciones aún.