Skip to content Skip to footer

Camariñas meu curruncho, e Beldoña a miña barca

Antonio V, Puertas Lema

22.00

Categorías: , , Product ID: 21615

Descripción

Esta obra, está composta de poemas, historias e contos fantasiosos -moitos deles- con base en feitos reais, acontecidos ao longo da miña vida, mesturados con distintos retratos de antes e de hoxe.

Consta de dúas partes, una en galego e outra en castelán, por seren as dúas linguas coas que sempre me teño expresado dende o día en que nacín.

Camariñas, meu curruncho, e Beldoña a miña Barca, non é unha novela ao uso, pa ser lida de un tirón. Se non, máis ben, é algo máis profundo e persoal, onde intercalo un pouco de todo, incluídos poemas da miña colleita.

Por iso, aconsello ir lendo por tramos…pa, logo, pechalos ollos, e voar comigo deica aqueles mundos da posguerra, cara onde pretendo levarvos, cas ás da fantasía,…cal se fose unha gaivota dos nosos mares, outeando á Costa da Morte, ou un azor, escudriñando aqueles marabillosos lugares do Mero e o Barcés, onde agora estou a residir.

Que ninguén trate, pois, de ler todo de un tirón, porque, quen o faga (entendo eu) vai lograr o efecto contrario, co fastío na lectura, en lugar do gozo que pretendo para todos vós, cunha sosegada e amena lectura.

Antonio V, Puertas Lema

Eu, Antonio V. Puertas Lema, nacín en Camariñas no berce da Costa da Morte.

Estudei cinco anos no seminario de Belvís; bacharelato de Grao Superior en Ferrol, e dous anos de Maxisterio na Normal da Coruña. Opositei ao Banco Central, cun exame que fixera en León, logrando praza en Oleiros.

Ocupei cargos de dirección nas oficinas de Oleiros, Mera, Arteixo e Cambre, onde xa me xubilei, despois de corenta anos de servicio.

Fixen o servicio militar por mariñeiría no Hospital Militar de Ferrol, de enfermeiro.

Por último, fora destinado a Abegondo, i, en Beldoña-Abegondo, coñecín a unha fermosa moza, nunha excursión que fixera o cura á illa da Toxa.

Casamos, e tivemos catro fillos: Raquel, Ricardo, Antón e Xavi.

Agora, grazas a ese gusto que sempre tiven pola literatura, atrévome a publicar este libro:

“Camariñas, meu Curruncho, e Beldoña a miña Barca”…barca fantasiosa, que me leva y me trae por eses mundos onde teño vivido, baixo o temón da vida que me tocou vivir.

Grazas, meus ben queridos lectores, pois como amigos meus que xa sodes, saberedes desculpar aqueles posibles fallos, porque, ao amigo, todo se lle perdoa, cando escribe coa alma.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Camariñas meu curruncho, e Beldoña a miña barca”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información adicional

Autor

Antonio V. Puertas Lema

Encuadernación

Rústica

Formato

Libro Papel

ISBN

978-84-127723-6-4

Páginas

590

Año de publicación

2024

¿Necesitas ayuda?